O estatuto médico O'Mega cualifica de "irresponsable" a aprobación do Estatuto Marco

O´Mega, o sindicato médico máis representativo en Galicia, considera que a aprobación por parte do Consello de Ministros do anteproxecto do Estatuto Marco do persoal sanitario constitúe unha “irresponsabilidade do Goberno que só contribuirá a aumentar a conflitividade nun sector no que médicos e pacientes son os principais damnificados”.
O sindicato galego —presente no comité de folga nacional— reprocha á ministra de Sanidade, Mónica García, a súa “negativa a establecer un diálogo franco” co colectivo de médicos e facultativos e responsabilízaa da continuación dunha folga que nos últimos meses supuxo xa a cancelación de centos de miles de actos médicos en todo o país.
A folga, que ten como obxecto reclamar do Ministerio de Sanidade a redacción dun estatuto marco propio para médicos e facultativos, reanudarase o próximo 15 e continuará ata o 19, aínda que O´Mega advirte que con decisións como a adoptada hoxe polo Consello de Ministros se aboca aos sindicatos médicos a estudar novas convocatorias.
O´Mega fai un chamamento ao Ministerio para que retome un diálogo que nunca debeu abandonar e que reclaman non só o colectivo médico, senón tamén os colexios profesionais e a maior parte dos responsables sanitarios das comunidades autónomas.