O Festival Ou Yeah! regresa á provincial de Ourense con cinco concertos en diferentes espazos

Loquillo, Kitty, Daisy & Lewis, The Rapants, Burning e Luz Casal conforman o cartaz deste ano
festival-ou-yeah
29 Apr 2026

O Festival Ou Yeah! regresará en 2026 cunha proposta que combina música en directo, territorio e gastronomía, a través de varias citas repartidas en diferentes escenarios da provincia como Expourense, a Praza da Veracruz do Carballiño ou o Pazo dos Deportes Paco Paz. A iniciativa, presentada esta mañá a bordo dun catamarán en Nogueira de Ramuín, aposta por consolidar un formato expandido no tempo e no espazo, convertendo Ourense nun escenario cultural aberto.

A programación arrancará o 6 de xuño en Expourense cun cartel encabezado por Loquillo, xunto á banda británica Kitty, Daisy & Lewis e o grupo galego The Rapants. O 31 de xullo, o festival fará parada no Carballiño cun concerto gratuíto de Burning na Praza da Veracruz. A última cita será o 4 de outubro no Paco Paz, coa actuación de Luz Casal, que regresará a Ourense para presentar o seu novo traballo.

O festival reforza así a súa aposta por unha proposta que vai máis alá dos concertos, incorporando en cada evento experiencias gastronómicas da man de profesionais vinculados á asociación Cociña Ourense, co obxectivo de poñer en valor o produto local.

As entradas para os concertos de xuño e outubro xa están dispoñibles a través das canles habituais, mentres que a actuación de Burning será de balde. O evento conta coa colaboración da Xunta de Galicia, ademais doutras institucións provinciais e locais.

0.38160014152527