O FIV pon hoxe á venda os primeiros abonos para a súa vinte edición

A promoción do #FIV20 estará dispoñible de 10.00 a 22.00 horas, cunha oferta limitada a 1.000
festival-fiv-vilalba-2025
27 Nov 2026

O festival FIV pon en marcha este venres, 27 de novembro, unha venda especial de abonos con motivo da celebración da súa vixésima edición. A través da iniciativa #FiverFriday, o público poderá adquirir hoxe os primeiros abonos para o #FIV20 a un prezo reducido durante un período de doce horas.

A promoción estará activa entre as 10.00 e as 22.00 horas, ou ata esgotar as existencias, cun límite de 1.000 abonos dispoñibles. A organización anima así os asistentes a sumarse á celebración destas vinte edicións cunha oferta especial.

A próxima edición do FIV terá lugar os días 23 e 24 de abril de 2027.

1.7548599243164