O Iecha organiza unha charla sobre Carballo Calero

O Iescha organiza o venres 16 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia sobre Ricardo Carvalho Calero.
charal carballo calero vilalba_portada
10 Apr 2021

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa programación cultural prevista para este ano 2021, organiza o venres 16 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia a cargo de Marcos Saavendra, responsable da Biblioteca Municipal de Vilalba, e que leva por título: Ricardo Carvalho Calero e o galego que poderia ter sido, e há de ser! Presentará ao conferenciante a presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.

Este acto estaba previsto para o mes de maio do pasado ano, coincidindo co Día das Letras Galegas 2020 e dedicado ao autor ferrolán, pero, debido ás restricións sanitarias derivadas da pandemia, tivo que ser adiado.

Marcos Saavedra Blanco (Ribadeo, 1982) é actualmente o responsable da biblioteca municipal de Vilalba. Formado en Información e Documentación pola UDC está especializado en Documentación Audiovisual pola Universitat Oberta de Catalunya.

Traballou nas bibliotecas de Ferrol, A Coruña e Ribadeo onde sempre colaborou con o tecido asociativo local, colaborando no que podía e publicando varios traballos.

charal carballo calero vilalba

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.072715997695923