O IYI Meeting regresa a Vigo para reunir investigadores de diferentes disciplinas científicas

O vindeiro 29 de decembro, o edificio Redeiras de Vigo acollerá unha nova edición do IYI Meeting 2026, un encontro científico internacional e multidisciplinar que busca fomentar o intercambio de coñecemento e a colaboración entre investigadores e investigadoras de diferentes áreas e institucións.
Nacido en 2010, o IYI Meeting regresa coa intención de recuperar un espazo de encontro entre a comunidade científica galega e investigadores que desenvolven a súa actividade en centros nacionais e internacionais. Nesta edición, a organización reforza o seu carácter internacional coa participación de membros de tres países nos comités organizador e científico.
O evento está aberto a investigadores de todas as disciplinas e etapas da carreira científica, que poderán presentar os seus traballos ou asistir como público. A xornada contará con premios ás mellores presentacións, un libro de resumos científicos e certificados de asistencia.
A participación é completamente gratuíta e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 4 de decembro de 2026.