O Museo de San Paio de Narla acollerá un obradoiro de estampación
O vindeiro día 16 de xuño, dende as 17:00 ata as 20:00 horas, terá lugar no Museo Fortaleza de San Paio de Narla de Friol un obradoiro de estampación no que, segundo o lema do ICOM para o Día Internacional dos Museos para este ano, se pretende recuperar e reimaxinar.
Estará impartido por Iria do Castelo, e está dirixido a todo tipo de públicos aínda que especialmente para nenos de todas as idades, familias e grupos e nel se aprenderá a crear monotipos e estampados gráficos por medios de materiais que se poden atopar na nosa contorna doméstica, dando deste xeito un novo uso a algúns materiais de refugallo, descubrindo así as súas posibilidades artísticas, ao tempo que se exploran as posibilidades da experimentación gráfica con recursos limitados.
Todas aquelas persoas interesadas en asistir a este obradoiro gratuíto, e dado que as prazas son limitadas, deben inscribirse previamente no correo comunidadermpl@gmail.com