O Ouren Sound arranca a súa undécima edición con Love Of Lesbian e Iván Ferreiro á fronte do cartaz deste venres

Carlos Ares, Alcalá Norte, Fontán, La Duendeneta e Mr. Kitos completan o cartel da primera xornada do festival
escenario-ouren-soundjpg
22 May 2026

O Ouren Sound Fest arranca este venres a súa undécima edión cun cartel de primeiro nivel integrado por Duncan Dhu, Love of Lesbian, Iván Ferreiro, La M.O.D.A., Siloé, Marlon, Niña Polaca, Carlos Ares, Alcalá Norte, Fontán, A Duendeneta e Markitos DJ.

Tras dúas edicións celebradas en Pereiro de Aguiar e despois de que o alcalde de Ourense decidise que o festival non se realizase en Bemposta, onde se viña celebrando desde había anos, o Ouren Sound cambia de localización e celebrarase campo de fútbol do Parque Tecnolóxico de San Cibrao das Viñas.

Outra das novidades deste ano é que o festival contará cun recinto exclusivo para nenos. Trátase do Ouren Sound Kids, unha proposta pensada para que os máis pequenos poidan gozar do evento con actividades dirixidas exclusivamente á infancia.

O espazo infantil estará dividido por idades, cunha zona para nenos e nenas de entre 4 e 6 anos e outra para os de entre 7 e 12 anos. En ambas ofreceranse actividades como xogos cooperativos, obradoiros de reciclaxe, unha zona creativa, un obradoiro de elaboración dun mural artístico, maquillaxe infantil e inchables. Todo iso co obxectivo de que os nenos dispoñan do seu propio espazo de lecer mentres os pais gozan da música.

O recinto estará aberto en varias franxas horarias segundo os días. Os venres haberá sesións ás 19:30, 20:30 e 21:30, e o sábado ás 18:30, 19:30 e 20:30 horas. O prezo será de cinco euros por hora e de 12 euros polas tres horas completas.

HORARIOS DO OUREN SOUND FEST 2026

0.32547879219055