O Partido Galego celebra o Día Nacional de Galicia con optimismo de cara ás vindeiras eleccións

Na ofrenda floral e posterior festa estará presente unha delegación do PNV, coa que se buscará afianzar as relacións
partid-galego-panteon-dia-de-galicia
24 Jul 2026

Este 25 de xullo, o Partido Galego celebrará o Día Nacional de Galicia no Panteón de Galegos Ilustres de Bonaval. Contará coa maior afluencia de asistentes da súa curta historia, ao mesmo tempo que afianzará as súas relacións co PNV.

O acto, que se fará baixo o lema “Galicia nacionalidade, Galicia na centralidade”, comezará ás 10:45 horas no Panteón de Galegos Ilustres. Alí realizarase unha ofrenda floral, que contará cunha actuación musical. Posteriormente, xa nos xardíns do Parque de Bonaval, os asistentes desfrutarán da actuación do humorista Pablo Alvite. A xornada finalizará cun xantar de confraternidade para todos os asistentes.

O Partido Galego volverá a contar coa presenza da delegación convidada do PNV. Cómpre lembrar que o PG mantén unha relación estratéxica que o sitúa no primeiro nivel de políticas útiles, de accións de goberno e de solvencia política. “Somos esa outra ferramenta política que precisa Galicia e que en Euskadi xa desfrutan dela a través do PNV”, afirma o Secretario Xeral, Anxo Franco. “O Partido Galego é moderación, é galeguismo, é sensatez, é centralidade e é humanismo”, continúa.

“O Partido Galego presentouse por primeira vez nas eleccións municipais de 2023. Daquela, fíxoo en 12 concellos, cando recén acababa de fundarse. Agora, de cara ás eleccións municipais de 2027, as expectativas son moito mellores. E seguimos traballando para aumentalas”, subliñou Anxo Franco.

Neste Día Nacional de Galicia, o Partido Galego lembra “o noso carácter de nacionalidade histórica, de Estatuto a medio camiño, de tomar concienca do que somos e o que podemos ser”. En definitiva, orgullosos de Galicia, orgullo de País.

0.31919097900391