O Pazo de San Marcos acollerá tres concertos no encontro Celme de Zanfona

As xornadas celébranse do 10 ao 12 de setembro no Centro de Artesanía e no Pazo de San Marcos, que acollerá tres concertos
celme de zanfona
8 Sep 2021

A Deputación presentou o encontro Celme de Zanfona, que serán tres días de conferencias, comunicacións, mesas redondas e concertos ao redor deste instrumento milenario, que se desenvolverán do 10 ao 12 de setembro no Centro de Artesanía e Deseño e no Pazo de San Marcos.

O programa reúne unha trintena de  músicos, persoas investigadoras da música tradicional, docentes e artesáns, que fiarán o pasado, presente e futuro da zanfona galega, no que ten que ver co seu proceso de construción e conservación material, coa súa sonoridade e co seu papel na tradición musical galega.

Así, no programa figuran desde músicos pioneiros e compiladores da tradición como Miro Casabella, Xose Lois Rivas “Mini”, María Xosé López Villar ou Baldomero Iglesais ata mestres artesáns como Xaneco Tubío, César Loureiro ou Xermán Arias, alén de músicos e docentes como Suso Vaamonde, Anxo Pintos, Uxía Muíño ou Bruno Villamor, investigadores como Carlos Villanueva ou Pablo Quintana e restauradoras como Blanca Besteiro.

Ademais, presentaranse oito comunicacións sobre zanfonas conservadas por distintos centros museísticos de Galicia. Con estas e outras pezas custodiadas tamen por asociacións culturais e coleccionistas privadas desenvolveuse un catálogo interactivo con imaxes en 360 graos con vistas do interior e orfotografías métricas.

Este é "un documento de suma importancia para  estudo da zanfona” no que colaboraron o Museo de Pontevedra, o Museo Massó de Bueu, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, o Museo Arqueolóxico de Ourense ou a Escola de Artes e Oficios de Vigo, así como a asociación Cántigas da Terra da Coruña ou o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol e que será presentado na xornada do domingo.

"Este ano cúmprense setenta anos da creación dese obradoiro, impulsado polo músico e investigador Faustino Santalices e polo mestre artesán sarriao Paulino Pérez, que fixeron de Lugo unha referencia na música tradicional galega e que estenderon os seus coñecementos a outros músicos e artesáns, desenvolvendo un papel clave na excelencia que se ten acado en Galicia tanto na interpretación como na construción da zanfona”, repasaron dende o Centrad.

Inscricións

Para asistir ás mesas redondas e relatorios programadas, compre inscribirse a través enderezo electrónico celmedezanfona@gmail.com, facilitando nome e apelidos, numero de documento de identidade e teléfon de contacto. As inscricións produciranse por orde de chegada das solicitudes ata un número máximo de 35 participantes, debido ás restricións na capacidade da sala dacordo coas normas de prevención fronte á covid 19.

Concertos

Celme de Zanfona complétase cun ciclo de concertos no salón de actos do Pazo de San Marcos. Abrirá o ciclo, que pecharán cada unha das tres xornadas. O venres ás 20.00 horas, actuará Caruncho, un referente da zanfona tradicional, dos romances e da tradición oral do instrumento. O sábado ás 20.00 horas será a quenda da canadense Tobie Miller,  considerada a maior experta en zanfona barroca do mundo. O domingo, pechará o ciclo ás 13.00 horas Germán Díaz, un dos xeniso innovadores deste instrumento máis importantes de Europa.

O músico, que asistiu á presentación do encontro, valorou o “esforzo feito ara xuntar a todas as persoas que representan o instrumento en Galicia” e sinalou a potencialidade das xornadas para “exportar toda a música e o patrimonio ao redor da zanfona que ten Lugo, consecuencia da relación do territorio da provincia, especialmente da comarca de Sarria, coa ruta xacobea e do traballo desenvolvido desde o obradoiro de instrumentos.

A asistencia aos concertos será con entrada libre e gratuíta, ata completar a capacidade do salón de actos. Neste caso, non é precisa a inscrición previa. A entrada será por orde de chegada.

Contribución do obradoiro de instrumentos á recuperación da zanfona

O obradoiro de instrumentos, creado no ano 1951 polo músico Faustino Santalices e o mestre artesán Paulino Pérez, foi pioneiro no estudo e recuperación deste instrumento de corda, coa construción desde os inicios de zanfonas en dúas tonalidades diferenciadas e coa programación dos primeiros cursos de construción e interpretación de mestres internacionais como Claude Flagel, Christian Rault, Laurent Tixert ou Valentín Clastrier.

A partir de 1983, dase un paso máis na investigación ao redor da zanfona con reconstrucións históricas doutros instrumentos de corda que a precederon como o organistro medieval, as cinfonías ou a zanfona órgano.

Ademais, desde o obradoiro desenvolvéronse innovacións como  o sistema de roda desmontable ou o deseño dun novo modelo evolucionado, no ano 1997, co fin de impulsar e popularizar o seu uso. O novo modelo significou un importante impulso favorecendo mesmo a creación de escolas para a aprendizaxe.

german diaz luciano perez centrad lugo zanfona

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1430459022522