O Poetry Slam de Bóveda cambia de nome e de sede e pasa a chamarse 'Ultreia Poetry Slam'

A asociación organizadora traslada a actividade cultural a un novo municipio despois de constatar que a maior parte do público e dos poetas participantes procedía de alí, o que obriga tamén a modificar a denominación do evento
slam_poetry_boveda
Imaxe de arquivo
21 Oct 2026

A asociación Kulturnavila anunciou un cambio de denominación e de sede para o seu certame de poesía oral, que a partir de agora pasará a coñecerse coma 'Ultreia Poetry Slam'. A iniciativa, que até o momento se celebraba baixo o nome de 'Bóveda Slam Poetry', traslada a súa actividade a Sarria, concello do que procedía boa parte do público asistente e tamén numerosos poetas participantes nas distintas edicións.

O certame puxo en marcha no 2023, cando quedou constituído coma sede oficial de Poetry Slam. Despois da celebración de seis encontros, a organización inscribiuse na asociación Poetry Slam España, entidade que agrupa as diferentes sedes que conforman a rede estatal desta modalidade poética. Dende entón, 'Bóveda Slam Poetry' completou catro tempadas, cun total de 24 encontros celebrados, a primeira delas dedicada especificamente a cumprir os requisitos necesarios para formar parte de Poetry Slam España e poder optar así aos encontros de ámbito estatal organizados cada ano.

Froito desa participación, o certame estivo presente nos campionatos estatais dos últimos tres anos, celebrados respectivamente en Santander (2024), Lleida (2025) e Cartaxena (2026).

Segundo explica Kulturnavila, o cambio de localización responde á orixe maioritaria do público que seguiu as distintas edicións do evento, procedente na súa maior parte de fóra do concello onde se viña celebrando. Ao constatar que Sarria concentraba boa parte deses asistentes, así coma varios dos poetas que tomaron parte nos encontros, a asociación optou por trasladar alí a actividade. Este cambio de sede conleva, ademais, unha modificación obrigada do nome do certame, tal e como establecen as normas internas da comunidade de Poetry Slam España para identificar correctamente cada sede dentro da rede estatal.

O novo nome, 'Ultreia Poetry Slam', foi escollido coma unha maneira de facer referencia á localidade que, a partir de agora, acollerá esta proposta cultural.

Dende Kulturnavila quíxose agradecer, así mesmo, a colaboración e o respaldo recibidos por parte do Concello de Bóveda ao longo destes anos, nos que o certame mantivo coma seña de identidade a implicación directa do público en cada encontro.

0.38032484054565