O PSdeG acusa á Xunta de difundir documentación co logo do PP a través de la Consellería de Medio Ambiente

Aitor Bouza denuncia que Ángeles Vázquez remitiulle unha circular aos alcaldes e alcaldesas coa mensaxe política dos populares sobre o litoral
aitor-bouza-documentacion-pp
19 May 2026

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Aitor Bouza, esixiu a comparecencia da conselleira de Medio Ambiente para dar conta do uso espurio dos recursos do seu departamento para divulgar documentación do PP. Bouza fixo público que Medio Ambiente vén de remitirlle a pasada semana aos alcaldes e alcaldesas unha misiva da conselleira con iniciativas do PP no Senado sobre o Regulamento de Costas.

Bouza acusou ao PP de “perverter unha institución como a Xunta de Galicia para un uso absolutamente partidista por parte de Rueda e da conselleira de Medio Ambiente” a través dunhas prácticas que “contraveñen os principios democráticos básicos”. Esixiu que “deixen de empregar de maneira torticeira, partidista e utilitaria unha institución pública como é a Xunta de Galicia” para dirixirse aos alcaldes e alcaldesas de Galicia como representantes de tódolos galegos e galegas.

O responsable socialista amosou o seu respecto á comunicación institucional dende o goberno galego cara aos alcaldes e alcaldesas, pero puntualizou que “a sorpresa chega cando no correo electrónico que remiten de maneira oficial cos logos da Xunta de Galicia incorporan un argumentario do PP”.

 

0.35660910606384