O Sergas asumirá a metade dunha herdanza valorada en máis de 92.000 euros en Ourense

Os bens, formados por un inmoble na cidade e un saldo bancario, repartiranse a partes iguais entre o servizo público de saúde e unha entidade benéfica, segundo o disposto pola persoa falecida
Sergas
8 Sep 2026

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) recibiu autorización para aceptar a metade dunha herdanza cuxo valor total se estima en 92.337 euros. A persoa falecida, cuxo pasamento se produciu en xaneiro de 2023, designou como herdeiros universais, a partes iguais, á Asociación Española Contra o Cancro de Ourense e ao Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Dado que este último servizo carece de personalidade xurídica propia, correspóndelle ao Sergas facerse cargo da parte da herdanza que lle foi asignada. O patrimonio herdado está composto por un inmoble situado na cidade de Ourense, cun valor de referencia de 74.000 euros, e por un saldo bancario próximo aos 18.300 euros.

Deste xeito, a metade da herdanza que lle corresponde ao Sergas acada un valor superior aos 46.000 euros. Para que o organismo sanitario poida proceder á aceptación destes bens, resultaba necesaria a autorización correspondente, de acordo co establecido na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia.

Unha vez formalizada a aceptación, o Sergas coordinará coa Asociación Española Contra o Cancro de Ourense as xestións necesarias para a administración do inmoble recibido.

0.34578800201416