O WOS Festival x SON Estrella Galicia regresa a Santiago cun cartel de vangarda e entradas xa esgotadas

O WOS Festival presenta os primeiros 14 nomes do seu cartel para a edición de setembro en Santiago, cunha programación multidisciplinar de vangarda e un ritmo de venda de abonos que esgotou en menos de 48 horas os primeiros pases.
Wos Festival 2025
25 Jun 2025

WOS Festival x SON Estrella Galicia dá a coñecer os primeiros 14 artistas que formarán parte da súa oitava edición, que terá lugar do 11 ao 14 de setembro en Santiago de Compostela. A programación incluirá concertos audiovisuais e inmersivos, noites de club, performances e encontros únicos que se desenvolverán en máis de dez espazos emblemáticos da cidade.

Entre os nomes confirmados están Abdullah Miniawy, Djrum, Los Thuthanaka, Masayoshi Fujita e Nazar, entre outros. O festival contará con estreas en España, como “Peacock Dreams” de Miniawy, e con paradas únicas de xiras internacionais como a de Masayoshi Fujita.

O público respondeu con entusiasmo á volta do evento tras a pausa de 2024, esgotando os abonos ‘Early Birds’ en menos de 48 horas. Xa están dispoñibles os seguintes tramos de entradas en ataquilla.com e dice.fm. O festival ofrece descontos do 10% para persoas usuarias de Carné Xove, estudantes da USC, persoas desempregadas ou con diversidade acreditada.

WOS Festival está promovido pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY e conta co apoio de SON Estrella Galicia, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Santiago, Gadis e Fundación Japón. Está recoñecido como Mellor Festival Indoor de Europa (2018) e Mellor Festival Indoor Nacional (2023).

⚙ Configurar cookies
0.30993509292603