Os sindicatos médicos anuncian unha gran folga estatal indefinida a partir do 28 de outubro

Todos os sindicatos de médicos e facultativos de España, entre os que se atopa O'MEGA Facultativos de Galicia Independentes, anunciaron que a folga estatal indefinida de médicos e facultativos comezará o mércores 28 de outubro.
A mobilización ten como motivo o rexeitamento á reforma formulada polo Ministerio de Sanidade, que, segundo os sindicatos, non responde ás reivindicacións históricas da profesión e mantén unhas condicións laborais que os médicos e facultativos consideran inxustas e discriminatorias.
A folga indefinida estatal pretende expresar o rexeitamento do colectivo á reforma impulsada polo Ministerio de Sanidade e defender as súas reivindicacións laborais e profesionais.
O obxectivo da mobilización é conseguir un marco propio que recoñeza a singularidade, a responsabilidade e as especiais condicións de formación e exercicio da profesión médica e facultativa.