Ourense, Pontevedra e o Sur de Lugo afrontan unha fin de semana en alerta amarela por altas temperaturas

As temperaturas máis elevadas espérase a partir das 13:00 horas do venres en Ourense e Pontevedra, onde os termómetros poden achegarse aos 36 graos
temperatura-termometro-calor
11 Jun 2026

A Axencia Estatal de Meteoroloxía AEMET decreta para este venres, 12 de xuño, unha alerta amarela por calor en áreas das provincias de Ourense e Pontevedra, onde os termómetros poderían achegarse aos 36 graos nas horas centrais da xornada. O aviso estará activo entre as 13.00 e as 21.00 horas e afecta especialmente ao val do Miño e ás Rías Baixas.

A esta situación súmase a extensión dos avisos por parte de MeteoGalicia, que incorpora tamén o sur de Lugo, con especial atención á Ribeira Sacra, onde se prevén valores similares. Os modelos meteorolóxicos apuntan a que o pico deste episodio de calor chegará entre o venres e o sábado, mentres que a partir do domingo podería cambiar a situación, con posibilidade de tormentas no interior da comunidade.

0.35304999351501