Paula Núñez presenta na Coruña o seu primeiro poemario tras conquistar Instagram

A autora ferrolá leva ao papel unha selección dos seus versos en 'Te echo de menos. Ven y hazme poesía', que presentará o 26 de xuño en Daji Room
A CORUÑA paula núñez poesía
21 Jun 2026

Paula Núñez, coñecida en redes como @paupoesia_, presentará na Coruña o seu primeiro libro de poemas, 'Te echo de menos. Ven y hazme poesía', publicado por Hércules de Ediciones. A cita será o 26 de xuño, ás 20.00 horas, en Daji Room, na rúa Plá y Cancela, 6.

A escritora ferrolá dá así o salto ao formato papel tras consolidar unha comunidade lectora en Instagram, onde comparte versos e fotografía a través dun proxecto creativo iniciado en 2016. O poemario recolle unha selección de textos marcados polo amor, a fraxilidade, a soidade, a maternidade e a identidade galega.

No acto estará acompañada pola escritora Silvia Salgado e pola editora Laura Rodríguez Herrera, con quen conversará sobre o proceso de creación dunha obra que nace do apoio recibido no ámbito dixital.

Núñez, licenciada en Empresas e Marketing, conta con formación de posgrao en Poética e Escritura Creativa e compaxina a súa actividade literaria cun doutoramento en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, coordina varios clubs de lectura.

0.34508204460144