Paulo Carlos López chama a concentrar o voto na Fronte Ampla: “Ou VOX ou nós”

O candidato ao Senado e a candidata ao Congreso, Gloria Alonso, participan no acto-pegada de inicio de campaña electoral en Vigo
fronte-ampla-paulo-vigo-inicio-campana
13 Nov 2026

O portavoz e candidato ao Senado, Paulo Carlos López, xunto coa candidata ao Congreso, Gloria Alonso, participaron nun acto-pegada de inicio de campaña na Rotonda do Barco de Coia en Vigo.

Durante a súa intervención, o portavoz fi xo un chamamento directo á mobilización da cidadanía galega para sumar apoios arredor da Fronte Ampla co obxectivo de seguir gobernando e consolidar as políticas sociais. Segundo expuxo o candidato ante os asistentes, a cita electoral preséntase como unha escolla directa entre dous modelos de país baixo a premisa "Ou nós ou Vox", para frear o avance da dereita e da ultradereita no noso territorio.

O portavoz subliñou que a Fronte Ampla supón a garantía para revalidar un goberno de progreso centrado nas preocupacións da maioría social. Neste sentido, o candidato puxo o foco en dous eixos fundamentais para o benestar das familias traballadoras: garantir o acceso a unha vivenda digna e frear a escalada dos prezos do alugueiro, así como seguir impulsando a suba dos salarios para que gañen poder adquisitivo fronte á inflación, todo iso acompañado da blindaxe dos servizos públicos.

Para acadar este obxectivo, López apelou á participación masiva nas urnas facendo referencia á resposta cidadá rexistrada na xornada da Folga Xeral do 11N:
"Se saímos todas as persoas a votar que saíron onte, haberá un goberno de progreso".

Por iso, insistiu na importancia de acudir a votar este 29 de novembro para garantir a continuidade destas políticas.

O encontro na Glorieta de Coia marcou o punto de partida da axenda de campaña da formación. Este acto dá inicio a unhas semanas que se caracterizarán por diversos encontros públicos, xuntanzas co tecido asociativo galego e a presenza de algúns líderes estatais, como a visita de Ernest Urtasun o próximo luns 16 en Santiago de Compostela.

1.9322679042816