Ponteareas en Común alerta de que no Centro de Saúde traballan dous médicos sen a especialidade correspondente

O grupo municipal denuncia que esta realidade é un exemplo máis "do proceso de desmantelamento que está a sufrir o servizo público na localidade e no país en xeral"
atencion-saude-ponteareas
24 Sep 2026

Ponteareas en Común alertou este martes que o SERGAS funciona con dous facultativos sen a especialidade correspondente no Centro de Saúde de Ponteareas. Dende a organización política non dubidan do persoal contratado nin da súa profesionalidade pero apuntan que non están prestando as tarefas que lles corresponden de apoio a outras profesionais, senón que están a asumir directamente a atención médica sen a especialidade correspondente.

Os dous facultativos están a realizar valoracións clínicas, diagnósticos, prescricións, derivacións e tratamentos, entre outras tarefas que PeC considera que non poden ser consideradas simplemente funcións de apoio. E apuntan que a lei permite a contratación de personal sen a especialidade, pero unicamente como técnicos de saúde e para labores de apoio. Esta situación pode supoñer unha perda na calidade asistencial para as persoas atendidas e un risco legal para os técnicos que están asumindo funcións que non lle corresponden.

“A falta de profesionais coa titulación requirida non pode ser escusa para converter a excepción nunha praxe cotiá” apuntan dende PeC, que esixen á Xunta de Galicia e ao Concello de Ponteareas a dar unha explicación sobre esta situación e dar solución o antes posible.

0.32174110412598