Pontevedra ofrece actividades de verán gratuítas para a mocidade: campamentos, obradoiros e natureza

A Concellería de Xuventude de Pontevedra lanza unha ampla programación de verán gratuíta para a mocidade, con campamentos urbanos, obradoiros culturais e actividades ao aire libre entre xuño e agosto de 2025.
Ponteveran
12 Jun 2025

A mocidade de Pontevedra xa pode preparar o verán grazas á nova programación da Concellería de Xuventude. Todas as actividades son de balde e están pensadas preferentemente para mozas e mozos do municipio, ás que se poderán sumar persoas doutros concellos se quedan prazas vacantes.

As inscricións realízanse a través de formularios en liña dispoñibles dende o 2 de xuño. Unha vez cubertas as prazas, abrirase lista de agarda. A inscrición formalizarase tras confirmar praza e achegar a documentación.

A oferta inclúe:

CAMPAMENTOS URBANOS

  • Xogando coa música (8-12 anos): 30 xuño - 4 xullo
  • Saborea o verán! (13-14 anos): 7-10 xullo
  • Reliquias botánicas (8-12 anos): 14-18 xullo
  • Ecoexplorando en Monte Porreiro (8-12 anos): 14-18 xullo
  • Teatreirxs, Edición Castelao (8-12 anos): 21-28 xullo
  • Minicampamento Regreso á Prehistoria (11-14 anos): 29-31 xullo

OBRADOIROS CULTURAIS E ARTÍSTICOS

  • Cociña de aquí e de alá (14-25 anos): 30 xuño - 4 xullo
  • Pintura e mural colectivo (14-25 anos): 7-18 xullo
  • A fábrica de singles (13-14 anos): 14-18 xullo

NATUREZA, DEPORTE E AIRE LIBRE

  • Piragüismo Ponte Sampaio (9-15 anos): 1ª e 2ª quincena de xullo
  • Dendrocronoloxía (desde 8 anos): 5 xullo
  • Xogo tras os pasos de Castelao (desde 5 anos): 2 agosto
  • Caiac e paddle surf polo Lérez (16-25 anos): 2 agosto
  • Observación astronómica en Cotobade (18-25 anos): 2 agosto
  • Astronomía no Verdugo (desde 10 anos): 22 agosto
  • Orientación na Illa do Covo (todos os públicos): 23 agosto
  • Noite Europea dos Morcegos (desde 8 anos): 30 agosto

AULA DE INFORMÁTICA (na Casa Azul)

  • Libre Office (14-25 anos): 1-31 xullo
  • Internet sen Google (14-25 anos): 5-28 agosto
⚙ Configurar cookies
0.29624605178833