Pontón pide a dimisión de Óscar Puente por "responsabilidade política"

Reclama unha auditoría independente de toda a rede ferroviaria e instalar o sistema ERTMS naquelas liñas nas que aínda non está operativo
BNG-Lugo-Ana-Pontón
2 Nov 2026

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou a dimisión do ministro de Transportes, Óscar Puente, tras o tráxico accidente ferroviario de Toledo porque, dixo, “se pasa algo tan grave, un goberno ten que asumir responsabilidades”, por “unha cuestión de mínimos democráticos” e por “respecto ás vítimas”.

“Óscar Puente debería dimitir ou, no seu caso, ser cesado”, sostivo logo dunha reunión de traballo en Lugo, na que apelou ao “sentido ético da política” para asumir que “algo está fallando, máis alá dunha persoa, cando se suceden dous accidentes en menos de un ano no sistema ferroviario de alta velocidade do Estado español”.

Unha investigación a fondo, recalcou, a líder do BNG, quen argumentou ademais que asumir responsabilidades políticas e recoñecer que algo non se fixo ben é unha “exercicio imprescindible” para respectar a dor das vítimas do sinistro de Urda. “Hai que dicir que algo non se fixo ben e que se está disposto a ir até o final”, subliñou, para reclamar así unha “investigación independente e rigorosa”, como única vía para mellorar as condicións de seguridade ferroviaria e evitar accidentes tan graves de cara ao futuro.

Unha investigación a fondo, recalcou para coñecer a verdade “caia quen caia” e “que non se peche en falso”, como ocorreu co accidente de Angrois. “Non se poden repetir erros como os que se cometeron hai trece anos coas vítimas do terrible accidente que vivimos en Galiza, que teñen unha ferida aberta, que aínda hoxe non está curada, porque non tiveron xustiza, verdade e reparación”, advertiu.

Ademais, a portavoz nacional reclamou unha auditoría para comprobar a seguridade en toda a rede ferroviaria e que se complete a instalación do sistema ERTMS nas liñas do tren onde aínda non está operativo. A proposta do BNG pasa, ademais, por implantar todas as medidas que aínda están pendentes, como o Plan de Seguridade Ferroviaria. “É necesario acelerar todo o que se poida a implantación desas medidas”, apuntou.

Pontón fixo estas declaracións tras participar nunha reunión de traballo coa cabeza de lista ao Congreso, Olalla Rodil, e integrantes da candidatura do BNG por Lugo na que se analizaron as prioridades políticas do Bloque para o conxunto da provincia, especialmente as relativas a infraestruturas e conexións ferroviarias.

0.37876296043396