Presentación do terceiro caderno do museo Monte Caxado

GaliciaXa
O venres 16, na Praza da Igrexa das Pontes, terá lugar a presentación do terceiro número dos Cadernos do Museo Entnográfico Monte Caxado.
presentacion museo monte caxado portada
presentacion museo monte caxado portada
14 Xul 2021

O venres 16 de xullo, ás 19:30 horas na Praza da Igrexa das Pontes, terá lugar a presentación do terceiro número dos Cadernos do Museo Entnográfico Monte Caxado, este ano adicado ao oficio de zapateiro nas Pontes e que rende unha homenaxe a todos os zapateiros ponteses e ás súas familias.

O aforo será limitado por mor das medidas anti-covid-19 e a entrada será gratuíta e por orde de chegada ata completar aforo. Non se reservarán prazas. Apertura do recinto 19:15 horas.

Todos os asistentes recibirán un exemplar gratuíto.

presentacion caderno museo monte caxado
0.17152380943298