Presentan a imaxe e o lema da trixésimo terceira Bienal de Pontevedra, que comezará o 30 de abril

O acto celebrado esta mañá no vestíbulo do Pazo provincial serviu para dar a coñecer a imaxe institucional da baixo o lema “a chama azul das soldaduras”
presentacion-bienal-de-arte-pontevedra
9 Nov 2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez presentaron este luns a imaxe institucional e o lema da trixésimo terceira edición da Bienal de Arte de Pontevedra, que recuperou o goberno provincial en 2025 despois de 15 anos de ausencia e regresará o vindeiro 2027 cunha nova entrega para convertes á cidade no epicentro da arte contemporánea. Nas escaleiras do Pazo provincial e coa presenza do equipo do Museo de Pontevedra e do artístico da Bienal, o mandatario provincial amosou o compromiso da Deputación para “traballar para que a chama azul desta Bienal solde arte, cultura, Museo, vangarda, turismo, economía e marca de cidade nunha mesma cousa: a cidade de Pontevedra”.

O acto celebrado esta mañá no vestíbulo do Pazo provincial serviu para dar a coñecer a imaxe institucional da Bienal de Arte baixo o lema “a chama azul das soldaduras”. Conducido pola xornalista Raquel Atanes e coa participación a través dun vídeo dos comisarios da Bienal Ángel Calvo, crítico de arte, e Juan Canela, curador xefe do Museo de Arte Contemporáneo de Panamá; avanzou Luis López que a Bienal celebrarase desde o 30 de abril ao 26 de setembro do 2026 e, segundo indicou Rafa Domínguez, a Bienal volverá ocupar espazos no Museo de Pontevedra e se expande este ano á Facultade de Belas Artes de Pontevedra e tamén contará cunha sede en Vigo.

“A Bienal de Arte de Pontevedra comezará o 30 de abril e volverá darnos a oportunidade de dar a coñecer o respecto que os pontevedreses sentimos pola nosa terra e descubrir o amor que outras comunidades senten pola súa, ao mesmo tempo que nos concienciamos da importancia de coidar o medio ambiente. Convidamos, desde xa e en nome de toda a provincia, a todos os amantes da arte, da cultura, da natureza ou do humanismo a que nos visiten. A portas das Rías Baixas, como sempre, están abertas a todo o mundo”, sinalou o presidente provincial.

A selección de “a chama azul das soldaduras” como lema desta nova edición da Bienal busca reflexionar sobre as dinámicas afectan á construción da paisaxe. Partindo da realidade histórica e cultural de Galicia, e poñéndoa en diálogo coa doutros contextos, o proxecto constrúese a través de fenómenos o turismo, a explotación dos recursos ou a identidade. A bienal quere incidir, a través do traballo dun grupo de artistas de diferentes medios e xeografías, no que queda por fóra de toda construción de calquera paisaxe. “Se no 2025, o lema da Bienal convidábanos a reconciliarnos entre os seres humanos. Hoxe presentamos a imaxe do ano 2027, que convida á poboación a dialogar co territorio baixo o lema a chama azul das soldaduras. Unha chama azul, esa que funde dúas realidades nunha mesma unidade, non é máis ca o símbolo que nos mantén unidos á terra. Porque esta provincia é extraordinaria en moitos sentidos: natureza extraordinaria, recursos extraordinarios, economía extraordinaria, unha realidade social e uns colectivos extraordinarios, un potencial extraordinario, e sobre todo, un millón de habitantes extraordinarios. Temos os galegos e os pontevedreses un xeito singular de relacionarnos co territorio, que agora vai ser explorado pola arte contemporánea na Bienal”, incidiu López sobre a relación entre a provincia e o lema da Bienal.

Pola súa banda, o vicepresidente Rafa Domínguez quixo poñer en valor o labor realizado tanto polo equipo da anterior edición da Bienal como o da presente para converter a Pontevedra en epicentro da creación artística global. “Recuperar a Bienal foi un acto de vontade, de compromiso coa cultura e de confianza no que Pontevedra podía ofrecer ao mundo. Hoxe, dous anos despois, podemos dicir algo que para min ten un valor especial: a Bienal non só regresou. Está aquí de novo e continúa, iso é importante porque queremos que a Bienal non sexa unha cita puntual, senón un proxecto cultural de referencia, capaz de medrar, de abrirse ao mundo e de seguir construíndo identidade desde Pontevedra”, remarcou o responsable do Museo de Pontevedra. Así mesmo, engadiu que “despois de Volver ser humanos, en 2025, e de Artes Vivas, en 2026, a Deputación de Pontevedra e o Museo volven traballar xuntos para que a Bienal teña futuro. A chama azul das soldaduras é unha imaxe de transformación, pero tamén de continuidade. O importante non é só o momento no que se unen as pezas, senón aquilo que conseguimos construír a partir de aí. E iso é o que queremos para a Bienal de Pontevedra. Que cada edición nos permita avanzar, que cada encontro deixe algo novo e que, dentro de moitos anos, ninguén teña que preguntarse se a Bienal volverá, que saiban que a Bienal forma parte da vida cultural de Pontevedra. E que aquí seguirá”, concluíu Rafa Domínguez.

0.34899497032166