Presentan o festival Entrepontes, que se celebra esta fin de semana en Rábade

Mirando Flores serán os encargados de abrir a xornada cun concerto no campo da feira ás 13,30 horas
presentacion-festival-entrepontes-rabade
25 May 2026

Rábade acolle o próximo sábado, 30 de maio, a cuarta edición do Festival Entrepontes, promovido pola Asociación Cultural Fillos do Chaira. A Xunta colabora coa iniciativa.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita na Casa do Concello rabadense, xunto coa alcaldesa, Remedios González, e membros da organización.

Mirando Flores serán os encargados de abrir a xornada cun concerto no campo da feira ás 13,30 horas. Pola noite actuarán Ulex (20,00 h.), Monouilous DOP (21,20 h.), Amor Líquido (22,55 h.), Parquesvr (00,15 h.), e Pladür (1,50 h.).

Haberá tamén un mercado de artesanía e a tarde estará adicada ao Festivaliño, dirixido aos máis pequenos, que poderán desfrutar dunha sesión de cine, un espectáculo de ventriloquia e unha festa Holi. O horario previsto é de 16,00 a 19,00 horas.

Arias felicitou aos organizadores por impulsar un festival de música en directo deste nivel, gratuíto e accesible para todos os públicos. Apuntou que este tipo de iniciativas “supoñen un novo atractivo para dinamizar a zona”, ao tempo que “fomentan a descentralización da cultura” e axudan a crear novos públicos.

0.32684111595154