Reigosa acolle un espectáculo infantil de títeres o sábado

GaliciaXa
A Asociación de Veciños de Reigosa, na Pastoriza, ofrecerá un espectáculo infantil estes sábado, 30 de outubro, na casa sociocultural.
titeres trecola reigosa portada
27 Out 2021

A Asociación de Veciños de Reigosa, na Pastoriza, ofrecerá un espectáculo infantil estes sábado, 30 de outubro, na casa sociocultural da parroquia con data de inicio ás 21.00 horas.

Trátase da representación de títeres de Trécola Producións, que con música en director porán en escea a obra Saga de Flin Havardr.

Baixo a dirección de Isabel Rey e Marcelino de Santiago “Kukas”, esta obra de montaxe propia conta a historia de Flin Havardr, un pastor que tras vislumbrar nun sono as súas proezas como vikingo, emprende unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación canto menos peculiar, na que non abunda a fortaleza nin a valentía, mais sí a creatividade. A morriña dun dos seus tripulantes fará que cheguen á mellor de todas as terras, quedando por ver se conquistarán ou serán conquistados.

A entrada será de balde e en exterior baixo unha carpa e con canón de calor polo que invitan a todos a asistir a este evento.

titeres trecola reigosa
0.11460494995117