Renfe celebra o Día das Letras Galegas entregando marcapáxinas de Begoña Caamaño

Estas pezas, creadas pola prestixiosa ilustradora Carmen García Huerta, xa están dispoñibles
marcapaxinas-renfe
15 May 2026

Renfe únese á celebración do Día das Letras Galegas e agasallará aos clientes dos servizos de tren en Galicia cun marcador de páxina deseñado especialmente para esta festividade, que se celebra cada 17 de maio.

O deseño dos marcadores de páxina, creado pola prestixiosa ilustradora Carmen García Huerta, recolle a figura da homenaxeada nesta edición, a xornalista e escritora viguesa Begoña Caamaño, acompañada con ilustracións de diferentes flores e vexetación relacionada coa comunidade autónoma galega.

Con esta iniciativa, Renfe achega en cada traxecto a esencia do Día das Letras Galegas a todas as súas viaxeiras e viaxeiros. Ademais do acompañamento en cada viaxe, Renfe contribúe con este pequeno detalle a poñer en valor a lingua, as tradicións e a identidade de Galicia.

Os marcadores de páxina estarán dispoñibles a partir de hoxe, e ata esgotar existencias, nas canles de venda das principais estacións, nos controis de acceso ou a bordo dos trens.

0.39459013938904