Rueda pide tolerancia cero ante calquera tipo de agresión

Alerta de que a violencia “ten moitas caras” pero un mesmo obxectivo: “controlar, someter e limitar a liberdade das mulleres”
non-violencia-de-xenero-rueda
25 Nov 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de avanzar na loita contra a violencia de xénero para adaptarse ás novas expresións desta lacra como a que se exerce nas contornas dixitais.

Durante o acto institucional para conmemorar o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, celebrado na Coruña, Rueda pediu á sociedade tolerancia cero ante calquera violencia machista, tanto no espazo físico como no eido dixital. Neste último caso, lembrou que “controlar o móbil da parella, acosar nas redes sociais, crear perfís falsos ou difundir imaxes íntimas, falsas ou reais” son algúns exemplos da violencia dixital.

Por último, o presidente fixo fincapé na responsabilidade de toda a sociedade galega para acabar coa violencia de xénero e traballar en rede para facer fronte a este tipo de comportamentos xa que, lembrou, a violencia de xénero “ten moitas caras, pero o obxectivo é o mesmo: controlar, someter e limitar a liberdade das mulleres”.

0.41191005706787