San Martiño de Pino organiza un roteiro polo camiño de San Pedro de Rocas

A Asociación Recreativo Cultural San Martiño de Pino, en Cospeito, retoma este domingo, 20 de marzo, os roteiros  e viaxes.
camino real san martino pino_portada
17 Mar 2022

A Asociación Recreativo Cultural San Martiño de Pino, en Cospeito, retoma este domingo, 20 de marzo, os roteiros  e viaxes.

Así, este domingo realizarase un percorrido polo Camiño Real de San Pedro de Rocas, en Esgos, Ourense.

Trátase dunha ruta circular de nove quilómetros, que inclúe autobús, almorzo e xantar. A saída está prevista para as 8.00 horas e conta cun prezo de 35 euros para socios e 45 para non socios.

0.13112187385559