Sanidade desaconsella o baño na praia de Portocelo por contaminación microbiolóxica

Os resultados das análises da auga superan os valores máximos establecidos e detectouse a presenza de enterococos intestinais e Escherichia coli
praia-portocelo-marin
28 Aug 2026

O Concello de Marín informou de que a Consellería de Sanidade advertiu da presenza de valores positivos por contaminación microbiolóxica na praia de Portocelo, polo que non se recomenda o baño neste areal.

Segundo comunicou o Concello, os resultados das análises da auga superan os valores máximos establecidos e detectouse a presenza de enterococos intestinais e Escherichia coli. A situación foi comunicada pola Consellería de Sanidade, encargada de realizar as analíticas da auga.

As análises repetiranse diariamente para coñecer a evolución desta contaminación temporal e informar da súa normalización cando os resultados o permitan. O Concello sinala que este tipo de contaminación se está producindo tamén en diversas praias do litoral das Rías Baixas.

Mentres non se produza a normalización dos valores, as autoridades sanitarias recomendan evitar o baño na praia de Portocelo.

0.29364705085754