Santiago convoca un acto institucional de recoñecemento á poeta e activista Luz Fandiño

Ás 19.30 horas deste xoves 1 de outubro dará comezo o evento no barrio de Sar, na praciña de Luz Fandiño, onde se colocará unha peza escultórica obra de Pablo Barreiro
luz-fandino
29 Sep 2026

O Concello de Santiago celebra este xoves no barrio de Sar un acto institucional de recoñecemento a Luz Fandiño aberto á asistencia de toda a veciñanza.

Será o xoves 1 de outubro, ás 19.30 horas, na praciña que leva o nome de Luz Fandiño, onde se colocará unha peza escultórica no barrio no que naceu e do que foi veciña durante boa parte da súa vida.

A peza foi realizada polo escultor Pablo Barreiro, que tamén é veciño do barrio, e o acto contará con intervencións da alcaldesa, Goretti Sanmartín Rei, en representación do Concello e tamén doutras persoas que formaron parte da vida e do ámbito activista e feminista da poeta, como a regueifeira Alba María, a poeta Andrea Nunes e Sonia Méndez e Nati Juncal, directora e a produtora da longametraxe documental ‘A poeta analfabeta’.

O acto estará aberto á veciñanza, que está convidada a asistir e recoñecer a traxectoria dunha muller que, alén de ser unha poeta cunha traxectoria singular e autodidacta, foi un referente de loita persoal e colectiva, converténdose nunha figura habitual na defensa das causas xustas, como o feminismo, o ecoloxismo ou a lingua.

0.34452199935913