Satse reclama ante o Sergas cunha concentración melloras en la carrera profesional

Delegadas e delegados de SATSE Galicia concentráronse hoxe diante do Sergas como protesta ante a situación actual do sistema de Carreira Profesional no servizo galego de saúde. No mesmo acto entregaron no rexistro da Consellería de Sanidade, máis de 2.500 firmas de enfermeiras e fisioterapeutas que reclaman un encadramento excepcional.
Desde o Sindicato reclámase a reforma do actual sistema, no que se ven penalizados os profesionais cunha longa traxectoria profesional, ao non recoñecerse un amplo período de servizos prestados que abarca máis de 15 anos nalgún caso. As casuísticas son diversas, na maioría corresponden a tempo traballado nas propias institucións sanitarias do Sergas, asemade dos prestados noutras Comunidades Autónomas ou países membros da UE.
Diversas sentenzas recoñecen xa este dereito "que o Sergas se empeña en non recoñecer". SATSE reitera, unha vez máis, a petición de realizar un acceso extraordinario para os miles de aspirantes que, acreditando anos e anos de servizos prestados, non poden consolidar o grado que lles correspondería polo seu tempo de traballo e méritos acadados.
"A carreira profesional, como dereito dos/das profesionais a progresar de maneira individualizada e como recoñecemento ao seu desenvolvemento en canto a formación, coñecementos, experiencia, investigación, docencia, así como á súa participación nos obxectivos da organización, comezou a recoñecerse no Sergas no ano 2006, logo de múltiples reivindicacións de SATSE para a súa posta en marcha, non obstante, foi paralizada no ano 2009, e unha vez máis foi retomada a súa negociación, a instancias de SATSE, no 2014, aprobándose un novo acceso no ano 2018, quedando polo medio un máis de 12 anos perdidos", explican.
·Despois destes anos, as melloras no acordo inicial seguen a discriminar ata, alomenos, 10000 profesionais, dos que, preto de 6000, son Enfermeiras e Fisioterapeutas con unha clara afectación salarial, práctica esta que se contradí cos criterios aplicados ao persoal facultativo, ao que se permite un acceso máis dinámico ao diminuír os prazos de permanencia en cada grado para a súa progresión", din.
Desde hai semanas SATSE iniciou unha campaña de recollida de sinaturas de apoio do
persoal afectado, presentando polo momento máis de 2000, recollida que seguirá a facerse
nos vindeiros meses, para que se produza un recoñecemento real dos méritos avaliables,
acordes as múltiples sentencias existentes.