Seguen abertas as axudas para vítimas de violencia sexual

A Xunta mantén aberto ata o vindeiro 30 de outubro o prazo para solicitar as axudas económicas do Goberno galego destinadas ás vítimas de violencia sexual.
A través desta convocatoria de achegas, dotada cun orzamento de dous millóns de euros, a Xunta busca favorecer a recuperación integral das mulleres afectadas por este tipo de violencia, que poderán recibir ata 12.500 euros.
Con esta nova liña de axudas, Galicia destaca como unha das primeiras comunidades do país en ofrecer unha achega específica para as vítimas de violencia sexual e para os seus fillos. Reforza ademais o paquete de medidas que o Executivo galego pon a disposición de todas as vítimas de violencia machista para contribuír aos procesos de recuperación, que inclúe as casas de acollida, a atención gratuíta e a prestación económica periódica.