ShoHai levará o seu rap á Sala Tebras de Lugo o 14 de novembro

A Sala Tebras de Lugo recibirá o sábado 14 de novembro a ShoHai, que regresa aos escenarios cunha nova xira en solitario na que presenta o seu último traballo e repasa os principais temas da súa traxectoria. O concerto comezará ás 21:30 horas.
O rapero ofrecerá un espectáculo de máis de 90 minutos no que combinará cancións dos seus catro discos en solitario con algunhas das pezas máis recoñecidas da súa etapa en Violadores del Verso, o grupo co que marcou unha época no hip-hop español.
A proposta destaca pola intensidade e a enerxía dos directos de ShoHai, que converte cada actuación nunha celebración do rap e nunha oportunidade para conectar co público a través das súas letras e do seu estilo característico.
A filosofía do artista resume o espírito destes concertos nunha das súas expresións máis coñecidas: "Paz y amor con hielo".