Torre de Núñez acolle a presentación dos viños das adegas Sanclodio e Emina

O acto celebrarase o luns 16 de novembro, ás 18:00 horas, no hotel lucense e contará coa participación de Martín Alemparte, director da AGACAL, e Carlos Moro, presidente de Bodegas Familiares Matarromera
viños San Clodio e Emina
11 Nov 2026

O Hotel Torre de Núñez, en Lugo, será o escenario o vindeiro luns 16 de novembro da presentación dos viños de Bodega Sanclodio e Bodega Emina, nun encontro previsto para as 18:00 horas. A convocatoria permitirá dar a coñecer os produtos, a traxectoria e a identidade de ambas as adegas.

O acto contará coa presenza de Martín Alemparte, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), e de Carlos Moro, presidente de Bodegas Familiares Matarromera, que acompañarán a presentación. Tamén participará Envero Coloniales, distribuidor dos viños das dúas adegas en Lugo.

0.32710886001587