UGT convoca unha concentración este martes como condena ao ataque sufrido o día da folga

UGT convoca unha concentración este martes, día 17, a partir das 17.30 horas, fronte á sede do Sindicato en Vigo (Rúa García Barbón), como símbolo de repulsa ante o ataque sufrido o día da folga xeral a última hora da tarde.
Lembrar que o día 11 a sede de UGT-Vigo foi atacada cun artefacto explosivo que causou numerosos danos materiais e que, grazas a que coincidiu coa hora da manifestación da tarde, non provocou danos humanos porque a sede estaba baleira.
Para UGT, trátase dun ataque claro á liberdade sindical e foi un mal final, un mal broche, para unha xornada de folga que contou cun amplo seguimento e que transcorreu dentro da normalidade en toda Galicia.
Neste acto está prevista a participacións dos secretarios xerais de UGT, Pepe Álvarez; UGT-Galicia, Cristóbal Medeiros; e UGT-Vigo, Ernesto Fontanes, ademais doutros membros da Executiva galega, da de Vigo e das executivas das federacións.