Última ruta ambiental a pé pola ría do Masma

O próximo venres 27 de agosto ás 10.30 horas será a última Ruta Ambiental a pé pola ría do Masma no Concello de Barreiros.
ria do masma barreiros
23 Aug 2021

O próximo venres 27 de agosto ás 10.30 horas será a última Ruta Ambiental a pé pola ría do Masma programada para esta tempada. Para participar haberá que inscribirse na web e contará con prazas limitadas.

A ría do Masma é un ecosistema de gran importancia avalado por diferentes figuras de protección tales como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), Zona de Especial Conservación (ZEC) e Important Bird Area (IBA), entre outras.

Este tipo de humidais albergan unha enorme diversidade de tipos de hábitats e de especies de flora e fauna que non se atopan en ningún outro lugar. Particularmente esta ría constitúe un dos puntos estratéxicos de Galicia para a observación de aves. Conscientes da súa importancia, en Barreiros queremos divulgar os valores ambientais desta xoia natural a través destas rutas ambientais a pé.

0.11912703514099