Últimas entradas para a proxección e coloquio de Ons en Monforte
Ateneo Casino acollerá este venres a proxección de Ons. Tamén haberá un coloquio con Alfonso Zarauza e a actriz Melania Cruz sobre o filme.

4 Nov 2021
O Ateneo Casino de Monforte acollerá mañá, venres 5 de novembro, a proxección de Ons, un dos filmes galegos actuais de máis sona, gañador de nove galardóns Mestre Mateo en 2020.
Despois da proxección, haberá un coloquio co director Alfonso Zarauza e a actriz Melania Cruz, moderado polo monfortino Iván Patiño.
O evento dará comezo ás 20:15. O acceso é gratuíto, previa reserva no teléfono 648 435 033, preferiblemente por WhatsApp.
Sinopse
Ons é un drama con notas de misterio, gravado nas paisaxes de gran beleza agreste da illa de Ons.
