Estabilizado o incendio forestal de Riós que afecta arredor de 30 hectáreas

O lume, iniciado este sábado pola tarde, obrigou a activar de forma preventiva a Situación 2 pola proximidade das lapas ao núcleo de Fumaces, unha medida que xa foi desactivada
incendio-forestal
16 Aug 2026

O incendio forestal declarado no concello ourensán de Riós, concretamente na parroquia de Fumaces e A Trepa, quedou estabilizado este domingo ás 13.06 horas, segundo informou a Consellería do Medio Rural. O lume obrigara a decretar a Situación 2 pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Fumaces, unha situación operativa de emerxencia que xa foi desactivada.

O incendio iniciouse o sábado ás 16.54 horas e as últimas estimacións provisionais sitúan a superficie afectada arredor das 30 hectáreas.

Para facer fronte ás lapas desprazáronse ata a zona 3 técnicos, 14 axentes, 22 brigadas, 16 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que a cidadanía pode comunicar a detección de incendios forestais a través do teléfono gratuíto 085. Tamén está operativo o número anónimo e gratuíto 900 815 085 para informar sobre posibles actividades delituosas relacionadas cos incendios.

0.76805305480957