Controlado o incendio forestal iniciado este sábado na AG-22 ao seu paso por Sarria

O lume declarouse este sábado nas inmediacións da autovía e mobilizou medios terrestres e aéreos
hidroavion-extincion-incendios-monte-lugo
15 Aug 2026

O incendio forestal declarado este sábado nas inmediacións da autovía AG-22, ao seu paso polo municipio de Sarria, está xa controlado e practicamente extinguido, despois de mobilizar diversos medios de extinción.

Os bombeiros de Sarria traballaron na extinción das lapas xunto con medios aéreos. O lume iniciouse pasadas as 15.00 horas deste sábado.

A Consellería do Medio Rural lembra que a cidadanía dispón do teléfono gratuíto 085 para comunicar avisos relacionados con incendios forestais. Tamén están dispoñibles a aplicación Alume e o número anónimo e gratuíto 900 815 085 para informar sobre calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento.

0.29848718643188