Un mural solidario en San Roque para visibilizar a enfermidade de Dent

Un mural solidario en San Roque para visibilizar a enfermidade de Dent, unha enfermidade rara de orixe xenética que afecta ao túbulo renal
Mural san roque
31 Aug 2021

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto con Maite Ferreiro, concelleira de Cultura e integrantes da Asociación Galega da Enfermidade de Dent visitaron o mural realizado na rúa San Roque pola Asociación Galega da Enfermidade de Dent, dentro da iniciativa ARt For Dent. Maite Ferreiro agradeceu ás promotoras da iniciativa que escolleran Lugo como ubicación para un mural, e afirmou que “ao mesmo tempo que colaboramos cunha iniciativa solidaria, continuamos a mellorar os espazos urbanos con arte”.

A Asociación Galega da Enfermidade de Dent foi creada por 4 familias galegas, de Lugo, Muros, Brión e Pontevedra afectadas por esta enfermidade. O proxecto Art For Dent naceu a comezos do ano 2020, e pretende abrir unha nova vía de colaboración e financiación desde Galiza para investigar a enfermidade de Dent, ademais de darlle visibilidade a esta enfermidade rara.

A enfermidade de Dent é unha enfermidade rara de orixe xenética. Afecta ao túbulo renal, producindo distintas complicacións que poden chegar a afectar aos osos, podendo chegar a producir raquitismo entre outras enfermidades.

vertical Mural san roque

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16246199607849