Unidade do Parlamento para reclamar ao Estado so 9,3 millóns de euros do Plan Corresponsables

A portavoz da área de Política Social e Igualdade, Raquel Arias, lamentou o recorte do 25% dos fondos que o Goberno central aplicou sobre este
Conselleiro Sanidade Parlamento
21 May 2026

O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, sen ningún voto en contra, reclamar ao Goberno central os 9,3M€ do Plan Corresponsables.

A portavoz da área de Política Social e Igualdade, Raquel Arias, lamentou o recorte do 25% dos fondos que o Goberno central aplicou sobre o Plan Corresponsables, pasando dos 190M€ cos que naceu o programa en 2021 aos 142,5M€ que destina actualmente. “Reducir 50M€, lonxe de ser un avance, é un recorte rotundo en políticas de igualdade”, apuntou. Unha decisión, recordou, “unilateral” que obriga ás Comunidades a facerse cargo da parte que deixa de achegar o Executivo de Pedro Sánchez e que, no caso de Galicia, ascende aos 2,3M€. “Unha vez máis, o Goberno central invita e Galicia paga”, dixo.

A través deste programa, o Goberno galego desenvolve diferentes accións de conciliación corresponsable e de sensibilización nos concellos, entidades sociais e ANPA; así como tamén de apoio a federación de mulleres rurais e a unidades de igualdade das universidades públicas galegas. “Somos, de feito, a única Comunidade que destina este tipo de fondos ás universidades”, subliñou Raquel Arias. Neste punto, a deputada popular incidiu na “grande aceptación” que esta iniciativa ten en concellos, ANPA e entidades sociais: “Máis de 30.000 nenas e nenos, 175 concellos, preto de 60 ANPA e case unha vintena de entidades sociais”.

Para rematar, a deputada popular criticou o “ninguneo” do Goberno central ás Comunidades e que “use a igualdade só como un slogan electoral”.

0.29328298568726