Uns trasnos visitarán a vila de Ferreira con cantigas, xogos e bailes polas rúas

O domingo 12 de decembro uns pequenos trasnos domésticos visitarán a vila de Ferreira con cantigas, xogos e bailes polas rúas de Ferreira a partir das 13.00 horas.
Pola tarde, a cuberto, no salón de actos da Casa da Cultura ofertarán un espectáculo de danza, música e teatro para toda a familia e a partir das 18.00 horas.
Como de costume, a entrada será de balde e estará restrinxido polos protocolos Anticovid. Este espectáculo chega ó Valadouro da man de Nelson Quinteiro Cabaret e á colaboración da concellería de cultura do concello do Valadouro.
