Verónica Barbero liderará de novo a organización estatal Movimiento Sumar

A dirección política de Movimiento Sumar contará con oito persoas galegas
Veronica Barbero
2 Jul 2026

Una vez pechado o prazo de candidaturas para a renovación de órganos de Movimiento Sumar de cara a asemblea do 11 de xullo, a única candidatura presentada está encabezada pola Presidenta de Movemento Sumar Galicia e Portavoz no Congreso, Verónica Barbero, que será a nova coordinadora da formación estatal, acompañada da Secretaria de Estado Rosa Martínez. Segundo fontes da candidatura, que se chama “Sumar para gobernar”, nela está representada “o 99,99% da militancia”, sendo unha lista “unitaria, transformadora, feminista e de goberno”. Igualmente destacan a presenza do Ministro de Cultura Ernest Urtasun.

Como galegas, ademais de Verónica Barbero, están nesta lista unitaria á dirección o Secretario Xeral da formación en Galicia, Paulo Carlos López, ademais de Rocío Núñez, Sara de Matos, Ramón Sarmiento (ex secretario Xeral de CCOO en Galicia) e Vanessa Vilas, ás que se sumarán dúas persoas máis por designación directa da organización, dentro do acordo de federación. Na segunda suplencia fi gura o tenente de Alcalde de Noia, Manuel Seijas. Isto implica que a dirección estatal, “está chea de galegas” porque se entende “que o modelo organizativo de Galicia funciona e é exitoso”.

0.43182492256165