Xa se coñecen os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2025

A Xunta anunciou os galardoados dos Premios da Cultura Galega 2025, que recoñecen o labor de figuras e entidades destacadas no ámbito cultural
Premios Cultura Galicia 2025
7 Nov 2025

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2025 reuniuse en Santiago de Compostela para designar os galardoados desta edición.

encontro, celebrado na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.

Ao remate da reunión, fixéronse públicos os nomes das persoas e entidades recoñecidas nas distintas categorías:

  • Letras: Editorial Galaxia
  • Artes Visuais: Bienal de Arte de Pontevedra
  • Artes Escénicas: Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
  • Música: Bodegas Martín Códax
  • Audiovisual: Baños Films
  • Lingua: Campaña ‘Aquí tamén se fala’
  • Patrimonio Cultural: Antón Corral
  • Proxección Exterior: Programa de radio ‘Sempre en Galicia’

Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral da Promoción da Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a vicepresidenta 2ª do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra, e María López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega.

Completaron o panel de especialistas Esther Estévez, xornalista; Alberto Sueiro, director do Festival Internacional Outono de Teatro; Verónica Santos, directora de Acción Cultural na Fundación Cidade da Cultura; e Andrea González, pianista e directora do festival IKFEM. A secretaría correu a cargo de Mª Carmen Calviño, subdirectora xeral de Arquivos e Centros Museísticos da Xunta.

Cos Premios da Cultura Galega, a Xunta distingue cada ano a excelencia creativa, a capacidade de intercambio e experimentación, e a proxección cultural de Galicia, recoñecendo tamén o compromiso de proxectos e traxectorias que enriquecen a identidade e o patrimonio cultural galego.

⚙ Configurar cookies
0.29270005226135