Skip to main content
A Pastoriza

Abre o prazo de reserva de praza para o novo curso no PAI da Pastoriza

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

O Concello da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes de reserva de praza no punto de atención a infancia ata o día 15 de maio.

A inscrición para o curso que se inicia en setembro pode realizarse nas oficinas municipais e os modelos de solicitude de reserva de praza facilitaranse nas oficinas do PAI.

Haberá que presentar declaración xurada da situación económica, certificado médico do neno ou calquera documentación para a modificación da situación económica da unidade familiar.