Skip to main content
A Pastoriza

A Pastoriza acolle unha charla informativa do Cartel do Leite

Por 17 Abril, 2024Sin comentarios

O vindeiro venres, 19 de abril, a partir das 12.00 horas, no salón de actos do concello da Pastoriza, terá lugar unha charla informativa sobre o Cártel do Leite.

A mesma é continuación a outras que se veñen celebrando na contorna, de especial interese para os gandeiros que estiveran en activo entre os anos 2000 e 2013, sobre a manipulación no prezo do leite por parte das industrias lácteas.

A reunión é aberta para toda aquela persoa que queira acudir á mesma para informarse.

Para máis información sobre a mesma, pódese chamar ao teléfono 613 493 367.