Skip to main content
A Pastoriza

A biblioteca da Pastoriza convoca un concurso coa técnica bookface

Por 26 Abril, 2024Sin comentarios

A biblioteca Ánxel Basanta da Pastoriza vén de convocar un concurso de bookface con motivo da celebración do Día do Libro, o pasado martes, 23 de abril.

O concurso consiste en escoller un libro en calquera idioma e integrarlle unha foto do participante na portada. Despois mandar a foto ao correo diadolibroapastoriza@gmail.com.

Os que desexen participar teñen de prazo ata o 5 de maio.