Skip to main content
A Pastoriza

Organizan en Bretoña un taller de primeiros auxilios

Por 24 Abril, 2024Sin comentarios

O Teleclube de Bretoña acolle un obradoiro de primeiros auxilios dirixido á poboación en xeral que terá lugar este xoves, 25 de abril, de 16.30 a 20.30 horas.

Os obxectivos do curso céntranse en adquirir coñecementos básicos sobre o manexo de situacións que requiran actuación de primeiros auxilios básicos e en aclarar dúbidas referentes os primeiros auxilios.

Explicarase como chamar ao 061, a asistencia inicial ante un traumatismo, feridas, hemorraxias, convulsións, crises epilépticas, dificultade respiratoria (ansiedade, crise asmática), dor torácica, queimaduras e escaldaduras, perdas de coñecemento, hipoglucemias, reaccións alérxicas, intoxicacións, reanimación cardiopulmonar básica en adultos e infancia, atragoamentos e recoñecemento dunha PCR.

A docencia estará ao cargo de María Amparo González, médico da base 061 Galicia.

As inscricións poden realizarse nos teléfonos 629 534 793 e 982 332 197.