Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Alumnos de Friol elaborarán un traballo de investigación sobre os cruceiros do concello

Por 22 Outubro, 2018Sin comentarios

O doutor en Antropoloxía Fernando Arribas, un dos maiores expertos na catalogación dos cruceiros da comunidade galega e autor de numerosos libros sobre dita temática, estivo presente no CPI Dr. López Suárez de Friol departindo sobre a importancia dos cruceiros en Galicia, ao ser esta a comunidade con maior número de devanditos monumentos, ademais de resaltar a súa trascendencia na vida social da poboación.

Esta actividade, organizada conjuntamente polo centro educativo de Friol e o Concello de Friol, pretende ser un punto de partida para a catalogación de todos os cruceiros do Concello de Friol por parte do alumnado de 4° da ESO na que se tratará de buscar a historia que hai detrás de cada un destes monumentos e do que sairá un estudo dos mesmos.

Tanto o C.P.I como o Concello están satisfeitos pola gran acollida que ha ter esta iniciativa entre os alumnos do colexio, tamén agradeceu o apoio recibido por unha “eminencia” na materia como é o Doutor Fernando Arribas.
Estímase que ao final do presente curso dito traballo esté practicamente finalizado para unha posterior publicación.

O alcalde, José A. Santos, agradece a implicación da dirección do centro, así como ao seu profesorado e por suposto a todos os alumnos que participarán na investigación e elaboración de dito proxecto. Asegura que den
de o Concello a colaboración e o apoio será total para que dita publicación sexa unha realidade.