Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove acolle o concerto de Crooner dentro dos Venres de Tapeo

Por 19 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello continúa coas súas actividades de Nadal. Deste xeito, e coincidindo cos Venres de Tapeo organizados polos bares e restaurantes de Xove, o Concello programou un concerto no Pavillón Municipal de Deportes para mañá venres 20 de decembro a partires das 23.00 horas. Concretamente  vai ser o grupo Crooner o que vai protagonizar o citado concerto.

Formado por 4 membros, van a interpretar música moi variada, dentro dun estilo Pop Rock en acústico.

A entrada a este concerto é totalmente libre. Sen dúbida, unha boa ocasión para disfrutar da boa música.