ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Burela enfrontarase ao Barcelona en cuartos da Copa do Rei

Por 22 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Pescados Rubén Burela FS xa coñece rival de cuartos de Copa do Rei e preséntase como reto máximo. Coa presenza de Iago Míguez como representante laranxa no sorteo organizado pola RFEF en Las Rozas, a bóla do equipo galego resistiuse ata o final para completar o último enfrontamento, ante o titánico FC Barcelona, e co Palau como escenario. A eliminatoria, a partido único, decidirase o mércores 12 de febreiro.

O resto dos emparellamentos quedan así:

Soliss FS Talavera-Industrias Santa Coloma
Real Betis Futsal- Servigroup Peñíscola
Jaén Paraíso Interior-Jimbee Cartagena FS

Ata o venres ás 14.00 horas, estará dispoñible a venda anticipada de entradas para a visita do Movistar Inter FS a Vista Alegre (sábado 25, 18.30 horas) tanto para soci@s como para o resto de público. Os abonad@s laranxas que non poidan retirar a súa entrada ao longo da semana na sede do club poderán facelo na taquilla o día de partido entre as 17.15 e as 18.00 horas; despois as entradas poderán liberarse.

Vista Alegre acollerá a disputa da xornada 15, aprazada no mes de decembro por inclemencias meteorolóxicas, o martes 4 de marzo. O partido entre Pescados Rubén Burela FS e Jimbee Cartagena está previsto para as 21.00 horas.